VOLUNTARIADO

Protección Civil supera o medio cento de voluntarios en O Carballiño

<p></p>
photo_camera Os voluntarios de Protección Civil impartindo as actividades da Campaña de Educación Vial deste ano

Hai algúns eventos que obligan a movilizar a un centenar de persoas

A Agrupación de Protección Civil de O Carballiño aumenta a súa plantilla de voluntarios. A comezos do mes de decembro, con motivo do Día Internacional do Voluntariado, realizaron unha xornada informativa e de captación na Praza Maior da vila. Os seus obxectivos principais eran facer á cidadanía coñecedores do seu labor e de que o traballo que realizan os voluntarios é totalmente altruísta e desinteresado. Ademáis, pretendían facer un chamamento para ampliar as súas filas, xa que "a xente cada vez se vincula menos e as necesidades son cada vez maiores, cada vez solicitan máis a nosa colaboración", segundo afirma Juan Míguez Otero, responsable da agrupación.

Actualmente, a agrupación conta con 11 persoas contratadas, que forman parte do grupo de intervención rápida. Hasta o pasado 1 de xuño eran os encargados de atender todas as emerxencias que había no concello e parte da comarca, pero ca apertura do parque de bombeiros reduciuse o seu ámbito de intervención. O resto de traballadores conforman a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, fundada en 1983 e formada por cerca de 50 voluntarios cos que se conta sempre que e cuxa asistencia está asegurada. Para actividades que requiren un maior número de efectivos, esta cifra pode chegar a duplicarse, aínda que estes axudantes só acuden de forma esporádica cando é moi necesario. Trala xornada de captación conseguíronse dúas novas incorporación que xa están sendo procesadas para que se poida contar eles o antes posible. Ademáis, hai cerca dunha vintena de veciños que se mostraron interesados en unirse, aínda que non é definitivo."A xornada foi satisfactoria, aínda que os voluntarios nunca sobran e esperamos seguir captando a máis xente", asegura o seu responsable. A pancarta utilizada segue colocada na Praza Maior do concello para darlle máxima visibilización e que se una algún voluntario máis.

Calquera pode facerse voluntario de Protección Civil. O único requisito necesario é ser maior de idade ou ter máis de 16 anos e contar cunha aprobación por parte dos seus proxenitores. A idade tampouco resulta un problema, xa que hai xente de ata 70 anos prestando servizos. "Hai cousas que non poden facer, pero teñen moitos coñecementos e moita experiencia", comenta Míguez. A todos os que se unen á agrupación dáselles a formación necesaria para o desempeño das actividades a través da Dirección Xeral de Emerxencias de Interior e da Academia Galega de Seguridade Pública, un uniforme básico e fáiselles un seguro de vida e de responsabilidade civil.

O sistema evolucionou moito ó longo dos anos. Antes había un grupo de xente que tiña máis dispoñibilidade e que contaban cun walkie talkie acendido as 24 horas do día. Todo este proceso mellorou e resulta moito máis rápido grazas a que agora, os voluntarios son informados a través das redes sociais, sobre todo do whats app. O próximo evento no que fan falla todos os medios posibles é a Cabalgata de Reis, o día 5 de xaneiro. Os voluntarios xa están sendo mobilizados. Dende a agrupación de Protección Civil animan a que todos os que queiran colaborar son ben recibidos. 

Material para a loita contra a avespa velutina

Onte, o director xeral de Emerxencias e Interior Luis Menor, fixo entrega de diverso material para a Protección Civil do Carballiño, que axudará na loita contra a avespa velutina. 

Os novos útiles son moi necesarios, sobre todo, para a retirada dos nidos que se atopan en zonas altas, ós que non se pode acceder con facilidade. 

A agrupación retirou, no que vai de ano, 80 nidos de avespa asiática  e aínda son moitos os que atopan cada día. Esta plaga é un dos males que fan necesarios que haxa un número importante de voluntarios, xa que require un laborioso traballo.

Te puede interesar