ECONOMÍA

O PSdeG achaca o déficit de Piñor de 140.000 euros á mala xestión

O alcalde en funcións, Uxío Rodríguez Blanco (grupo Veciños de Piñor) reconoce o déficit existente no Concello, que achaca a deuda arrastrada do an- terior goberno socialista

Piñor aparece, por primeira vez, na listaxe dos concellos galegos que incumpren a estabilidade orzamentaria, cun déficit de 140.000 euros, segundo afirma o grupo municipal do PSdeG, polo que considera que "os datos oficiais reflicten unha xestión nefasta por parte do actual goberno". Ata un total de 46 concellos da Comunidade autónoma, incumpriron, no peche do exercicio do ano pasado, o teito de gasto imposto polo goberno central, "e son incapaces de continuar pola senda marcada da estabilidade financeira, é dicir, gastan máis do que ingresan, entre eles está Piñor", puntualizan os socialistas.

O actual goberno de Piñor, afirma este grupo da oposición que "non cumpriu cos principios da estabilidade orzamentaria aos que obriga a lei, nin coa regra de gasto e, aínda por riba, presenta un resultado de liquidación dos orzamentos, moi negativo (uns 140.000 euros máis de gastos ca de ingresos) e cun remanente de tesourería, que tamén arroxa un saldo negativo", engadindo que tamén "págase máis tarde ca nunca ós provedores do Concello, superando, con moito, os 100 días de período medio de pago".

O alcalde en funcións, Uxío Rodríguez Blanco (grupo Veciños de Piñor) reconoce o déficit existente no Concello, que achaca a deuda arrastrada do anterior goberno socialista. "Hai 200.000 euros en facturas, das que o 75% son de atrás", puntualiza. Por iso, engade que o déficit se debe a que están abonando esas deudas, xa que "si pagamos hai un desfase". Tamén recorda que é un dos concellos coa deuda viva máis alta, en torno aos 500 euros por habitante, que "non se chega a eso nun ano de goberno".

Te puede interesar