O PSdeG reclama a Marnotes o centro de saúde prometido para este ano pola Xunta

A redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal impide a execución do proxecto dun novo centro de saúde para O Carballiño, debido a que a Admistración autonómica esixe máis superficie edificable co espazo que ocupa a estación de autobuses na actualidade, e onde o Concello prevé facer un novo edifico sanitario.
Por iso, é necesario aprobar o plan urbanístico para recalificar o terreno que hai que nengadir. A agrupación do PSdeG do Carballiño reprocha o alcalde, Argimiro Marnotes, o incumprimento da promesa de construir na vila un novo centro de saúde, 'a pesares de que no seu día o alcalde anunciara ós medios de comunicación que o equipo técnico da Consellería de Sanidade estaba a traballar na redacción dun proxecto cunha nova ubicación, o certo é que o do Carballiño nen siquera figura entre as obras prioritarias deste departamento', sinalan os socialistas. Ademáis engaden que 'lembramos a promesa que fixera a actual conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, na súa visita a Carballiño en plena campaña electoral das pasadas municipais nas que aseguraba que este Concello contaría cun novo Centro de Saúde neste ano 2012, se ben resulta que a estas alturas o seu departamento nin siquera conta cos terreos cesarios para redactar alomenos unha memoria descriptiva do proxecto'.


CONVENIO RETIRADO

Este grupo da oposición na Corporación local tamén fai referencia ó convenio co que contaba o anterior alcalde, o socialista Carlos Montes e que, segundo indican, botou abaixo o Goberno de Feijóo.

O alcalde de Carballiño, Argimiro Marnotes, afirma que o proxecto sigue adiante, matizando que en ningún momento dixo que se faría este ano. Ademáis, da necesidade de recalificar unha parte do terreno onde está ubicada a estación de autobuses, sinala o rexidor que a Xunta ten que negociar con Monbús, a empresa que xestiona a estación de autobuses para o traslado de este servizo á estación de ferrocarril, segundo a proposta do alcalde.

Te puede interesar