O PSdeG recolle firmas contra a tasa de vados en Carballiño

A Agrupación do PSdeG do Carballiño ven de iniciar unha campaña de recollida de sinaturas para evitar que o grupo de goberno do Partido Popular faga efectiva a 'tasa por entrada de vehículos a traveso de beirarrúas e reserva de vía pública de aparcamento exclusivo e de carga e descarga' que está a xerar gran confusión e indignación entre moita xente na nosa vila.
O problema, segundo o PSdeG, radica en que con esta invención desaparece a taxa existente por entrada de carruaxes, que non outorgaba dereito a vado, pero sí o acceso a baixos particulares para os vehículos e tiña un custo de 20 euros, coa salvedade de que en ningún caso o propietario ou usuario tiña garantida a reserva da entrada e se podía aparcar diante. Agora todos os que teñan rebaixe na beirarrúa para acceder a un baixo ou garaxe están obrigados a aboar esta nova taxa e pagar por ela 70 euros, ou no seu defecto repoñer a acera ao seu estado normal, é dicir eliminar o rebaixe que permite acceso aos vehículos, ademais correndo o veciño cos gastos.

'A estupefacción dos carballiñeses foi maiúscula cando recibiron unha carta na que se lles pide unha serie de documentación e o pagamento de 70 euros que dende Recadación se lles comunica que é obrigado, ainda que dende o propio Concello non tiñan clara a vontariedade da propia norma que eles mesmos propuxeron e aprobaron coa negativa do grupo municipal socialista', sinalan.

Te puede interesar