O PSdeG solicita unha maqueta do novo proxecto para A Veracruz

A agrupación local do PSdeG-PSOE do Carballiño manifestou que se congratula do anuncio do Concello de que as obras do entorno da Veracruz estarán rematadas no mes de novembro. Os socialistas suliñan que, ó traverso do seu grupo municipal, van a continuar coa súa laboura de oposición responsable, 'e ó contrario do que fixo o PP cando non gobernaba na nosa vila, non imos poñer ningún tipo de trabas para que o proxecto se leve a cabo, pedir parkings subterráneos ou viais de máis metros'.
Pero o PSdeG tamén lembra ó alcalde, Argimiro Marnotes, que os carballiñeses teñen memoria e que o propio rexedor 'popular' reivindicou e reclamou a presentación previa nunha maqueta do antigo proxecto para A Veracruz. 'Agora nós pedimoslle esta maqueta do novo proxecto en tempo, e agardamos que por unha vez sexa fiel á súa palabra e a elabore', apuntan os socialistas. Istes consideran que 'permitiría que os cidadáns poidan ver como vai a quedar con antelación un dos entornos máis emblemáticos cos que contamos, como é o da Veracruz'.

Argimiro Manotes manifestou que 'o proxecto novo é totalmente coñecido polos veciños e os colectivos, e respeta o que eles mesmos quixeron para o contorno do templo'. O alcalde suliña que 'a elaboración dunha maqueta non é aconsellable polo seu custe'.

Te puede interesar