Os pulpeiros probarán unha caldeira futurista

Javier Louzao, Pilar Caride, Julián Garriga e Argimiro Marnotes observan o prototipo. (Foto: MARCOS ATRIO)
Un prototipo de posto ambulante para a cocción e distribución de pulpo foi presentado na mañá de onte na Praza Maior do Carballiño polo alcalde, Argimiro Marnotes, e a concelleira de Turismo, Pilar Caride. A que será 'caldeira do futuro' está feito en aceiro inoxidable e ten seccións para cocer o cefalópodo, depósitos de auga, bombona de combustible e un recipiente para 40 platos de madeira.
Javier Louzao, xerente da empresa Rosareiro, responsable dodeseño, suliñou que 'o módulo é completamente plegable e pódese gardar en calquera furgoneta, aínda que o proxecto definitivo non sairá ata o ano vindeiro'. O rexedor carballiñés indicou, ó respecto, que 'serán os mesmos pulpeiros os que decidan o deseño final, unha vez que proben o funcionamento deste prototipo'.

Marnotes asegurou que 'non queremos rompe-la tradición das caldeiras e dos taboleiros, só pretendemos facer unha aposta pola innovación no sector'. O sistema funciona, xa que unha hora máis tarde xa estabans cocidas varias racións de pulpo.

Te puede interesar