'Rillamillas' invita a ver as Fragas do Eume

O Clube de Sendeirismo 'Rillamillas' do Carballiño, que este ano cumpliu o décimo aniversario, rematará a tempada de roteiros cunha marcha de 15 quilómetros polas Fragas do Eume. Todos aqueles que queiran apuntarse poderán facelo no 'foro rillamillas'.
Hai duas opcións para o desprazamento: sair o sábado 16 de xuño e dormir nunha casa rural ou madrugar o domingo 17 e unirse ó resto do grupo, ás 10,00 horas, no punto de saída da ruta.

'Rillamillas é un clube de sendeirismo aberto a quen queira participar.Non hai cuotas nin máis compromisos que cada 15 días aparecer ás 9,30 horas de cada domingo na estación de autobuses do Carballiño', apuntaron membros do clube.

O obxectivo está en 'pasar unha xornada matutina agradable paseando por lugares interesantes da nosa comarca e, puntualmente, como é o caso, con desprazamentos a outros sitios', engadiron, referíndose a este último recorrido.

Te puede interesar