O CARBALLIÑO

A riqueza termal centra os programas electorais do PP

photo_camera Jorge Pumar, Manuel Prado, Argimiro Marnotes, Camen Leite, Miguel Santalices, Manuel Vázquez, José Luis Valladares, Ernesto Pérez, Manuel Penedo e José Luis González.

Foi unha das conclusións da reunión entre o comité de campaña e os candidatos da comarca

O comité de campaña provincial do Partido Popular de Ourense mantivo onte unha nova reunión cos candidatos e presidentes locais, esta vez cos integrantes da Xunta Electoral de Zona de O Carballiño, para a posta en común de propostas e planificación da campaña. Deste xeito, asistiron os representantes populares dos concellos de Beariz, Punxín, Boborás, O Irixo, San Cristovo de Cea, Piñor, San Amaro, Maside e O Carballiño.

O candidato á Alcaldía de Carballiño, Argimiro Marnotes, que exerceu de anfitrión, destacou durante este encontro que “a riqueza termal que temos na provincia non pode pasar desapercibida nos nosos programas electorais, sobre todo nas vilas de marcada natureza termal, xa que o futuro pasa por significarnos cun dos nosos maiores valores, algo que nos diferencia de calquer outro territorio do mundo”. Por elo, concluíron os asistentes que esta riqueza natural de Ourense será un dos puntos clave do programa electoral provincial dos populares ourensáns.

GOBERNOS SÓLIDOS

Pola súa banda, o coordinador do comité de campaña provincial, Jorge Pumar, encargado de presidir a reunión, recalcou que “a 85 días da cita coas urnas do 24 de maio, somos a única forza política que está preparada para formar gobernos sólidos que xestionen os 92 concellos de Ourense dende o minuto 1”, ó mesmo tempo que animou aos candidatos e presidentes das xuntas locais “a seguir traballando como ata o de agora: ao carón da xente, escoitando e dando respostas as súas necesidades”. Este encontro, ao igual que sucedeu coas reunións mantidas coas xuntas electorais de zona de Ribadavia, Xinzo e Ourense (incluíndo á cidade, na que estiveron presentes os presidentes dos nove distritos), serviu para a posta en común de propostas que nutran o programa electoral provincial, así como a planificación de actos da próxima campaña electoral.

Te puede interesar