Os talleres de memoria queren ter continuidade

Purificación Alberte, terceira pola esquerda, cos participantes no último taller de memoria.
A concelleira de Benestar Social, Purificación Alberte, clausurou este pasado xoves o último taller de memoria que estaba programado polo seu departamento, e no que participou un total de 20 persoas, no Centro Sociocomunitario da vila.
Este era o quinto taller que se organizou ó longo do presente ano na comarca, e a resposta dos alumnos foi calificada como de 'moi positiva' por parte da citada responsable do grupo de goberno carballiñés, de xeito que os alumnos pediron a Purificación Alberte que este tipo de actividades tivese continuidade en vindeiros anos.

A concelleira 'popular' anunciou, neste sentido, que 'confiamos en que no vindeiro curso se poidan levar a cabo talleres coma este, e incluso algún máis doutro tipo, xa que é moita a demanda que temos no departamento de Benestar Social'. Os talleres de memoria iniciáronse no pasado mes de outubro, e neles participou un cento de veciños, residentes tanto no casco urbán do Carballiño coma nas 15 parroquias existentes no rural do municipio.

Te puede interesar