Tiruleque volve abrir o telón coa súa produción “Media de callos"

Esta obra, na que se mesturan as proxeccións cinematográficas co teatro, ven a amosarnos unha serie de parodias coa base de coñecidas películas

Finalizada a Mostra de Teatro Amador que organizou Tiruleque nestes dous últimos meses, o vindeiro domingo, 27 de Novembro, o grupo anfitrión repón a súa última produción, "Media de Callos", ás 19,00 horas, no Auditorio do Carballiño, mantendo os tres euros do prezo da entrada.

Esta obra, na que se mesturan as proxeccións cinematográficas co teatro, ven a amosarnos unha serie de parodias coa base de coñecidas películas como ET, O carteiro sempre chama dúas veces, Instinto Básico, Grease, Casabranca.

Estreada en outubro do 2015, tivo unha boa acollida do público, tanto na primeira función como na súa reposición, ó seguinte día. Agora volve con algunhas novidades nas súas parodias, novas ideas pero a mesma ilusión entre os compoñentes de Tiruleque, que xa están preparando novo traballo.

Te puede interesar