Veciños de Marcelino Parrondo reclaman un mellor alumeado

A nova Asociación en Defensa dos Dereitos dos Veciños do Carballiño reclama ó Concello unha mellor iluminación na rúa Marcelino Parrondo. O presidente da entidade, Xosé Lois Fernández, sinala que 'somos unha asociación antipolítica, que temos como único fin defender os intereses de todos os carballiñeses', e engade que as autoridades municipais teñen esta rúa olvidada tanto no que se refire a súa limpeza coma polo deficiente alumeado público.

A asociación sinala que só dispoñen de luz nunha das marxes e que os edificios do outro lado da calzada están casi en penumbra. 'Desde a asociación temos constancia de que todos pagan os mesmos impostos tanto os da marxen dereita como a esquerda, polo que teñen os mesmos dereitos a ter luz publica, os veciños nos comentan que incluso teñen que acceder os seus edificios con linternas, xa que non ai visibilidade algunha pola noite porque esta todo as oscuras,cos perigos que isto acarrea', apunta Xosé Lois Fernández. Ademais, tamén se queixan de que faltan algunhas farolas que non foron repostas cando se derramaron. 'Queremos salientar que esta rúa e moi transitada xa que por ela se accede á estación de autobuses, ó auditorio e a un colexio, polo que non comprendemos desde a nosa asociación como os señores gobernantes, non actúan nesta zona, cando noutras rúas do pobo incluso está encendida día e noite a luz pública', puntualiza.

Os responsables municipais recoñeceron que teñen constancia das reclamacións, que foron feitas pola asociación. Afirman que inspeccionarán a rúa Marcelino Parrondo para comprobar as deficiencias que indican os veciños e que se intentarán solucionar de forma satisfactoria

Te puede interesar