As Xociviga incorporan un concurso de curtametraxes

As Xociviga do Carballiño, que se celebran no vindeiro mes de agosto, incorporan nesta 31 edición como novidade a convocatoria de dous concursos de curtametraxes e de fotografía. O obxectivo principal do certamen de curtas é conseguir a participación e implicación de afeccionados ou profesionais do audiovisual no proxecto que Xociviga pretende desenvolver co fin de promover o entorno do Carballiño como escenario cinematográfico. O primeiro premio ao mellor curtametraxe "2 minutos en móbil" é de 300 euros e o premio do público, 200 euros.

En canto o concurso de fotografía, que persigue o mesmo obxectivo, está dotado dun primeiro premio de 25o euros, un segundo de 150, o terceiro de 100 e o cuarto premio especial tamén de 100 euros.

Te puede interesar