Un xuño con música, teatro, danza e fotografía

Actuación de percusión do Conservatorio de Música polas Letras Galegas.
photo_camera Actuación de percusión do Conservatorio de Música polas Letras Galegas.
A programación completarase con charlas, andaina e un obradoiro

Unha audición de percusión do Conservatorio e Escola de Música do Carballiño que terá lugar hoxe, ás 18,30 horas, inaugura o programa cultural e de ocio do Concello para este mes de xuño. Música, teatro, unha andaina e a danza, ademais de exposición e charlas, conforman a oferta para os próximos días.

O Circuito Galego de Teatro Amador presenta mañá “Balneario A Condesiña”, de Teatro Atrezo, ás 20,00 horas, no Auditorio Manuel María; mentres que para o domingo está previsto o roteiro urbano guiado por o Centro de Estudios Chamoso Lamas polos lugares e personaxes históricos da vila.

O Conservatorio e Escola de Música volve a ser protagonista o día 8, cunha audición de piano e o 11 cun concerto; e a Escola de Teatro ofrecerá ao día seguinte unha mostra fin de curso.

Haberá tamén actividades de medioambiente cun obradoiro de refuxio de insectos polinizadores, previsto para o día 10 na Alameda, e a Escola de Danza tamén actuará o día 12.
O teatro afeccionado continuará o 19 de junio con “Untrasónica” de Paso de Valverde e o día 25 está programado o concerto infantil “A Gramola Gominola-Bravas”.

Ademais tamén figura entre as actividades programadas a exposición fotográfica “Premios Raigame”, de O Potiños, e a V Concentración de coches superdeportivos, organizada polo Centro Comercial Aberto, prevista para o 4 de xuño, na Praza Maior.

Así mesmo a UNED ofrecerá o día 6 una acto informativo sobre a promoción de estudos, ás 20,00 horas, na Casa da Cultura; e tamén, o día 7, o Conservatorio e Escola de Música celebrarán unha xornada de portas abertas, entre as 17,00 e as 20,00 horas.

Te puede interesar