Aberto un expediente sancionador por vertidos ó Avia

A Comisaría de augas da Confederación Hidrográfica Miño-Sil inicia expediente sancionador contra Aqualia e o Concello de Ribadavia polos feitos denunciados pola asociación do Ribeiro Coto do Frade o 23 de xaneiro deste mesmo ano. Os ecoloxistas alertaron dunha suposta rotura na rede de sumidoiros polo paseo do río Avia, dende a zona da Barca ata a depuradora de Francelos, o que ocasionaba vertidos de augas residuais directos ó río sen pasar pola depuradora de Francelos.
Non foi esa a única denuncia de Coto do Frade, xa que máis recentemente tamén informaron á Garza Civil sobre a existencia de espuma no río.

Te puede interesar