RUTA DO RIBEIRO

As adegas abren as portas para dar a probar os viños

A III Xornada de Portas Abertas no Ribeiro celébrase os días 31 de maio e 1 de xuño

O Centro Municipal do Banco de España acolleu onte a presentación da III Xornada de Portas Abertas nas adegas da Ruta do Viño do Ribeiro, que se celebrarán os días 31 de maio e 1 de xuño. Participan 13 adegas que ofrecerán de balde visitas guiadas polas súas instalacións e degustacións dos seus viños. Haberá tres pases de visitas o sábado, dous pola mañá, ás 11,30 horas e ás 13,00 e un pola tarde, ás 18,00 horas, mentras que o domingo será o derradeiro pase, ás 12,00 horas.

Xunto coas visitas guiadas polas adegas, cinco restaurantes ofrecen dous menús especiais maridados con viños da Denominación de Orixe Ribeiro. O prezo é de 25 euros, ofrecendo tamén menús especiais para menores de 12 anos a 10 euros. O programa elaborado para esta edición complétase con actividades relacionadas co mundo do viño coma exposicións fotográficas, rutas turísticas, degustacións con animación e descontos en cinco establecementos de aloxamento enclavados na Ruta do Viño do Ribeiro.

O presidente da ruta, Miguel Ángel Viso resaltou o feito de que o enoturismo sexa un sector en crecemento, pois 2013 alcanzáronse os 1,7 millóns de enoturistas en España. O presidente da Deputación, Manuel Baltar, referiuse á capacidade "emprededora e de imaxinación" das xentes das terras do Ribeiro. Mentras, o alcalde de Ourense, Agustín Fernández, agradeceu a elección do Concello para facer esta presentación, tendo en conta que a cidade forma parte da ruta e, finalmente, o delegado territorial, Rogelio Martínez, anunciou tamén que e os días 7 e 8 de xuño se celebrará a Xornada de Portas Abertas en Valdeorras, Monterrei e Ribeira Sacra.

Te puede interesar