As adegas da Ruta do Viño acollen unha xornada aberta

O vindeiro sábado, 12 de novembro, os visitantes da comarca do Ribeiro terán a oportunidade de coñecer os segredos das adegas máis emblemáticas dunha das Denominacións de Orixe máis antigas de España. Este día abrirá as súas portas, en dúas sesións pola mañá e dúas pola tarde, ofrecendo visitas guiadas as instalacións e a posibilidade de degustar os viños da súa produción, nun entorno cheo de tradición e cultura vitícola.
Este ano, a celebración da 'Xornada de Portas Abertas' coincide co Día Europeo do Enoturismo instaurado pola Rede Europea da Cidades do Viño en 2009. Esta actividade enmárcase na necesidade actual de valorar e promocionar os territorios como activos económicos rendibles, ademais de estimular a innovación comercial cara o turismo do viño', suliñan os organizadores.

Te puede interesar