As adegas poñen 500 litros de tinto na festa de Cenlle

Manuel García sirve viño a dous veciños, o ano pasado. (Foto: MARTIÑO PINAL)
Os veciños de Cenlle ultiman os preparativos para a que será a sexta edición da 'Festa do Viño Tinto', que se celebrará o vindeiro domingo na capitalidade deste municipio de O Ribeiro. Unha iniciativa na que cada vez resulta máis importante a calidade dos caldos que se ofrecen ós visitantes, e por iso un grupo de expertos percorre nas semanas previas as adegas das diferentes aldeas para facer unha selección.
O alcalde, Manuel García Montero, sinala que 'nesta ocasión, os asistentes ó festexo poderán degustar viños de Cenlle, Lentille, Roucos, Cuñas, Sadurnín e O Coego, que sumarán en total a cantidade de 500 litros'.

O programa da xornada dominical, adicada a Tito Mosquera, un dos artífices da festa xa falecido, abrirase cunha visita ás adegas participantes e unha cata de viños , para continuar ás 14.00 horas cun xantar popular con empanada, carne ó caldeiro, chourizos, xamón, rabo e postre, polo prezo de 10 euros. Esta xuntanza gastronómica celebrarase no pavillón polideportivo da localidade.

Te puede interesar