Alerta en Santo André polo ataque de cans salvaxes ás vacas

Unha vaca propiedade da comunidade do monte veciñal en man común de Santo André de Camporredondo, en Ribadavia, (na que se atopan estes animais para contribuir á prevención de incendios) morreu a consecuencia de un ataque de cans asilvestrados. A existencia dos mesmos, os seus anteriores ataques a gando e o potencial perigo que supoñen foron alertados dende hai meses polos veciños ante as autoridades autonómicas e municipais, sen que se arranxara este problema, segundo informa o portavoz do BNG, Anxo Collarte.
'Este asunto tamén foi advertido polo grupo municipal do BNG no Concello de Ribadavia e deben de porse dacordo as autoridades do goberno municipal coas de Medio Ambiente da Xunta para que este problema deixe de perxudicar aos nosos veciños, en especial aos viticultores e propietarios de montes que se atopan con el a cotío', manifestou.

Te puede interesar