Alfonso Serrano: "Alí teño a miña vida, pero en Melón está toda a miña familia e tamén sinto morriña"

Alfonso Serrano
photo_camera Alfonso Serrano

Alfonso vive en Xenebra pero cando pode volve a Melón de viaxe

Alfonso Serrano vive dende que cumpriu a maioría de idade, e diso xa fai cincuenta anos, na cidade suíza de Xenebra. Aínda que empezou como talleiro, a día de hoxe é propietario dun importante restaurante, o Des Flores, no centro da cidade. Alí vive coa súa muller, de orixe portugués. Os seus fillos, como emigrantes de segunda xeración, actualmente residen en Inglaterra.

Que é o que che fai volver?

Aquí teño á miña familia. Normalmente vimos dous ou tres veces ao ano, pero despois da pandemia facía tempo que non estabamos aquí, e como meu pai non está moi ben, decidimos que era o momento de voltar e facerlles unha visita. Gustaríame vir máis, pero con cans que teño e difícil viaxar.

Que é o que máis valoras de estar en Melón?

Estar coa miña familia e a tranquilidade. Traballo con 28 persoas todos os días, e iso crea moitísimo ruido. Cando estamos aquí tanto eu como a miña muller podemos descansar e esquecernos das presas e o traballo.

Consideras voltar aquí de forma permanente?

Cando me xubile estarei entre alí e aquí. En Ginebra teño a miña vida pero Melón é onde nacín e onde está o meu pai, irmán e sobriños, e teño morriña de estar aquí. 

Te puede interesar