Os amieiros afectados pola praga contaminan o cauce do río Avia

Amieiros secos, no río Avia. (Foto: MARTIÑO PINAL)
Grupos ecoloxistas, pescadores e o Concello de Ribadavia están á espera de que a Consellería de Medio Rural proporcione unha solución para a tala e retirada dos amieiros que dende hai dous anos están afectados por unha praga de fungos ás beiras do río Avia.
Neste sentido, os afecionados ó deporte da caña estánse a atopar con dificultades para percorrer os sendeiros en certos tramos das marxes fluviais, xa que hai árbores desta especie caídos interrumpindo o paso e outros tendidos no cauce, o que en moitos casos fai imposible lanzar o sedal, según comentaron a este diario.

Por outra banda, a situación de seca e forte vento 'non fai máis que expandir os fungos dende os amieiros afectados a outros que poidan estar sans e incluso contaminar outras especies do río', apuntan os ecoloxistas do colectivo 'Coto do Frade'. Mentres, as autoridades municipais confían nunha próxima actuación da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, que ten competencias para a recollida das árbores caídas sobre o cauce do Avia, un traballo que xa comezou no río Arenteiro, onde se detectou o mesmo problema.

Te puede interesar