Ayudas

Aprobadas as bases de axudas á rehabilitación en Ribadavia

A xunta de goberno local do Concello de Ribadavia aprobou as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións das actuacións de rehabilitación no casco histórico do plan estatal de rexeneración e renovación urbanas.

Trátase dunha liña de axudas estatais que serán ata o 40% do orzamento protexible cunha contía máxima dependendo do tipo de actuación.

Así, para obras de conservación e accesibilidade concédense 9.000 euros; para obras de eficiencia enerxética con redución de demanda enerxética son 13.000 euros por vivenda. Tamén, para actuacións en elementos comúns de edificios, incrementaranse estas contías con 130 euros por cada metro cadrado de superficie construída de local comercial ou outros usos.

Estas subvencións estatais poderán acadar o 75% do orzamento protexible, coas contías máximas indicadas, nas vivendas de unidades de convivencia residente con ingresos inferiores a tres veces o IPREM; vivendas con residentes discapacitados e obras de accesibilidade e aquelas con residentes maiores de 65 anos e igualmente con obras de accesibilidade.

Por outra banda, as subvencións autonómicas serán ata o 10% do orzamento protexible cunha contía máxima de 4.000 euros por vivenda, segundo se recolle nas bases aprobadas polo Concello de Ribadavia.

Te puede interesar