O área industrial de Ribadavia, a espera da avaliación ambiental

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda someterá ao procedemento de avaliación ambiental a modificación puntual do Plan parcial do Polígono de Ribadavia.

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (DXCASCC) considera necesario avaliar máis en detalle os efectos sobre o medio que poden derivarse do planeamento proposto.

Este parque empresarial está emprazado nunha área ambientalmente sensible da veiga do río Avia, unha zona inundable e protexida no Plan hidrolóxico do Miño-Sil. Por isto foi necesario solicitar un informe á Confederación hidrográfica da conca, que indicou que se debe garantir a suficiencia do abastecemento e saneamento.

Tras emitir o informe ambiental estratéxico e o documento de alcance correspondentes á modificación do plan parcial, a Dirección Xeral acordou pasar o expediente para a avaliación ambiental.

O Polígono de Ribadavia foi promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no 1998, establecendo tres fases de execución. Na actualidade falta por executar a fase tres, posibilitada polo convenio de adaptación do Plan parcial de 1998 as novas normativas. 

Te puede interesar