Ecoagro

Arnoia gaña a disputa polos límites do monte

photo_camera Monte de Utilidad Pública del Concello de Arnoia.
Dende o Concello, que tiña un litixio con Sande, anuncian que seguirán adiante co aproveitamento de madeira

O Monte de Utilidade Pública (MUP) do Concello de Arnoia vai obter a Certificación de servizos ecosistemáticos de carbono de FSC (Consejo de Administración Forestal). Trátase dun certificado a un bosque xestionado de forma sostible, que ademais de produtos madeirables e non madeirables, tamén ofrece outros servizos ecosistémicos como a captación de carbono, a protección das concas hidrográficas e conservación da biodiversidade, segundo destacan as autoridades municipais.

Por outra banda, dende Medio Rural estase fancendo unha mellora de todas as pistas que recorren as 600 hectáreas da propiedade municipal declaradas de utilidade pública. A mellora consiste no ensanche, limpeza de cunetas, aplicación de zahorra e pisón. Estas últimas actividades financiaranse co fondo de mellora do propio monte de MUP.

Ademais, os responsables municipais anuncian que seguirase adiante co aproveitamento de madeira tras enviar unha notificación ao monte veciñal en man cómun de Sande (Cartelle), que reclamaba varias hectáreas do límite co monte de Arnoia. O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común diu a razón a Arnoia contra a reclamación dos comuneiros de Sande, segundo sinalan as autoridades locais.

Te puede interesar