A asamblea de Ridimoas será de maneira telemática

A Asociación Cultural Ecolóxica Ridimoas remitiu onte o boletín informativo 2020 aos seus socios, no que se fai balance económico e se informa do máis salientable no Bosque Ridimoas (Beade) durante o pasado ano. 

Así mesmo, comunícaselle aos asociados a convocatoria da asamblea xeral anual, prevista para o próximo 20 de marzo de 2021, ás 11,30 horas en primeira convocatoria e ás 12,00 horas en segunda, e que se desenvolverá de maneira telemática por causa da pandemia. 

Entre outros asuntos, darase conta dos traballos levados a cabo para a eliminación de mimosas, no que se gastaron 247 euros, e tamén da plantación de árbores de especies autóctonas.

Neste 2021, preténdese realizar unha limpeza da contorna do regato Caldelas e habilitar unha área de descanso para as visitas, ademais de consolidar muros para os reptiles.

En canto aos socios, no 2020 sumáronse 43 altas, alcanzando un total de 1.158 e no apartado das contas, os ingresos que recolle o boletín sinalan 21.381 euros e os gastos 20.767 euros.

Neste ano pasado, tamén se incorporou ao Bosque de Ridimoas unha superficie de 15.103 metros cuadrados, que supuxeron un coste aproximado de 18.000 euros.

Te puede interesar