O Concello aportará 50.000 euros para manter o servizo social, que da traballo a 14 mulleres

A axuda no fogar pagarase en Carballeda segundo a pensión

Dúas traballadoras do servizo municipal de axuda a domicilio flanquean a dúas usuarias.
Os maiores que precisen axuda no fogar en Carballeda de Avia pagarán unhas taxas mínimas por iste servizo municipal e sempre tendo en conta os baremos nos que se atope a pensión anual que reciben da Seguridade Social. Neste sentido, o Concello aprobou unha nova ordenanza reguladora deste servizo, 'para que pague máis quen máis cobra e nada o que cobra pouco', indicó el alcalde, Luis Milia Méndez.
Deste xeito, as 110 persoas maiores que precisan de axuda domiciliaria e teñan unha pensión por debaixo dos 426 euros non terán que abonar a taxa municipal, mentres os que cobren entre 427 e 789 euros, que son maioría, segundo o rexedor, só pagarán tres euros por hora de atención. A partir desta percepción por xubilación, establécense baremos de hasta 1.065 e 1.331 euros, de xeito que os beneficiarios abonarán catro e cinco euros por hora, respectivamente, e seis euros os que sobrepasen a última pensión citada.

Ademais, o Concello aportará anualmente 50.000 euros para o sostemento do servizo no fogar, 'a fin de garantir o mantemento no emprego das 14 mulleres que están a traballar neste departamento de asistencia', apuntou Luis Milia. O alcalde xustifica esta partida de diñeiro municipal, 'xa que non podemos depender dos recortes da Xunta'. O obxectivo do Concello é proporcionar 'postos de traballo para as mulleres nun concello do rural coma é o noso', engade o rexedor socialista.

E pon coma exemplo as 16 empregadas na residencia xeriátrica de Carballeda e as cinco que integran a cooperativa 'Xantar na casa' de menús a domicilio. Tamén anuncia a inminente posta en marcha do Centro de día, 'no que tamén traballarán 15 mulleres'.

Te puede interesar