DEPORTE

Baltar recibe á comisión do novo campo de fútbol

baltar_campo_ribadavia_result
photo_camera Representantes da plataforma, na reunión mantida con Manuel Baltar, ó fondo.

Manuel Baltar quedou á espera de que por parte dos representanes veciñais se confirme a data para dita xuntanza

O colectivo de veciños de Ribadavia que se constituiu co obxectivo de conquerir a construcción dun novo campo de fútbol de herba artificial na localidade, mantivo no día de onte unha xuntanza co presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. O responsable da institución recibiu no Pazo Provincial ós representantes da plataforma “Campo de herba artificial xa” de Ribadavia, encontro no que se comprometeu, á petición deles, a manter unha reunión entre Deputación, Concello de Ribadavia e a propia plataforma, de xeito que se poidan chegar a acordos para que a capital da comarca do Ribeiro conte cun novo campo de fútbol.

Manuel Baltar quedou á espera de que por parte dos representanes veciñais se confirme a data para dita xuntanza, coa finalidade de que ao remate da mesma se saia cun compromiso concreto para o novo campo para a práctica deste deporte. O actual campo artificial de Ribadavia, no Xestal, atópase clausurado debido á súa proximidade á ponte da autovía A-52

Te puede interesar