O BNG afirma que Castrelo está sen lancha de salvamento

Castrelo de Miño. 06/08/2022. Primeira xornada de competición da Coupe de la Jeunesse en Castrelo de Miño.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Piragüistas compitiendo en Castrelo de Miño.

O BNG de Castrelo de Miño reprocha ao goberno municipal do PP que alugara a lancha de salvamento de Protección Civil a unha empresa privada que gañou unha licitación da Deputación de Ourense para a instalación dos pantaláns.

Dita licitación ascendeu a case medio millón de euros, polo que dende o grupo nacionalista, “entendemos que terían fondos de abondo para dispor de lanchas motoras que moveran os pantaláns río arriba”.

“O uso indebido da lancha de salvamento ocasionou o estrago da mesma, motor queimado de forzar na tiraxe dos pantaláns, así como a estrutura danada e rota na quilla por empurrar coa mesma os devanditos pantaláns”, sinala o BNG. Este grupo está solicitando copia de todos os contratos e documentación para esixir responsabilidades aos concelleiros e alcalde.

O alcalde non quixo facer declaracións sobre as críticas.

Te puede interesar