melloras

O BNG de Cenlle solicita melloras da circulación en dúas aldeas

Xosé Gabriel Alberte, solicita a ampliación dunha das rúas de Eiró, xa que na actualidade non poden pasar por ela os vehículos de emerxencias
O grupo municipal do BNG de Cenlle vén de presentar unha moción na que reclama unha serie de melloras na circulación viaria no barrio de Eiró e na localidade de Lentille. Neste sentido, o voceiro nacionalista, Xosé Gabriel Alberte, solicita a ampliación dunha das rúas de Eiró, xa que na actualidade non poden pasar por ela os vehículos de emerxencias. Asemade, o edil do BNG demanda da Corporación que aprobe a instalación dun valado protector nas rúas de Lentille, onde o desnivel existente pode provocar caídas, e, tamén, que se estudie a posibilidade de anchealas.

Te puede interesar