O BNG permitiu coa abstención unha modificación de créditos

O expediente de modificación de créditos por importe de 18.640 euros para a o seu desvío a partidas de gasto corrente como material de oficina ou compra de combustible foi o asunto do pleno de Ribadavia máis controvertido, xa que tanto o PP como o BNG consideran que non ten sentido esta medida cando fai tan só dous meses que se aprobaron os presupostos xerais nos que xa se pudo contemplar esta posibilidade.
A oposición apuntou que ese remanente económico debería adicarse a pagar as débedas cos proveedores, e por iso o PP votou en contra, sinalando que non se entende que se destinen 6.000 euros para gastos de oficina. A proposta, nembargantes, foi aprobada en minoría polo PSdeG pola abstención dos nacionalistas, que consideran positivo destinar 10.000 euros ó proxecto de arranxo de fachadas comerciales do casco urbán.

'O feito de dirixir esta parte da modificación de créditos cara un investimento para a cofinanciación dunha subvención da Xunta de Galicia motivan a decisión do grupo nacionalista de absterse neste punto e demandar ao grupo de goberno que atenda prioritariamente, cos outros créditos, os pagamentos a empresas e proveedores de Ribadavia', indicou o portavoz Anxo Collarte. Con este proxecto refórmanse cinco locales.

No que respecta ós restantes asuntos incluidos no orden do día houbo acuerdo unánime. Aprobáronse os festivos, que serán o 8 de setembro e o martes de Entroido, tamén a proposta para solicitar que a festa da 'Noite Meiga' sexa declarada de Interese Turístico de Galicia e, entroutras, a moción conxunta dos tres grupos para pedir a Confederación Hidrográfica a limpeza do Avia e Maquiáns.

Te puede interesar