CARBALLIñO

O BNG recolle firmas para reclamar o parque de bombeiros do Carballiño

Manifestan deste xeito a súa preocupación pola situación de indefensión na que se atopa a comarca unha vez que xa se confirmou que ata finais de ano non entrará en funcionamento o parque de bombeiros.

O próximo dia que se celebre feira, se non se teñen noticias positivas e conretas sobre a apertura do parque de bombeiros ou o funcionamento dunha brigada de emerxencias no Carballiño, o o grupo municipal do BNG instalará unha mesa de recolleita de sinaturas de apoio a estas demandas. Os nacionalistas manifestan deste xeito a súa preocupación pola situación de indefensión na que se atopa a comarca unha vez que xa se confirmou que ata finais de ano non entrará en funcionamento o parque de bombeiros.

Por ese motivo, o grupo nacionalista demanda ó Concello do Carballiño, que polos tódolos medios que considere oportunos, poña novamente en funcionamento os servizos que viñan prestando dende Protección Civil e que se dirixa á Xuntade Galicia para que proceda á posta en funcionamento na maior brevedade o parque de bombeiros da vila.

"Como queira que a falla de servizos contraincendios e de Protección Civil, non soiamente afecta ao Carballiño, o grupo de goberno debe pedir a colaboración e axuda do resto de institucións municipais comarcais, para que conxuntamente demanden a pronta instalación do parque de bombeiros", sinala o BNG.

Te puede interesar