Castrelo acolle un curso de patrón de navegación

O prósimo 23 de maio comeza o curso de patrón de navegación básico que se impartirá en Castrelo de Miño. Esta titulación serve para o manexo de embarcacións de ata 7,5 metros (se é de motor), e 8 metros (se é de vela), sen limitación de potencia de motor.
O curso, organizado pola academia Estelas, iniciase ás 20,00 horas no salón de actos do albergue municipal de Castrelo de Miño. Está constituido por tres probas, unha teórica que desemboca nun examen oficial na escola náutico-pesqueira de Vigo. Tamén consta de unhas prácticas de navegación que se realizarán nun barco homologado, ademais de outras prácticas de radiocomunicacións, que se impartirán en Castrelo cun simulador de radio homologado.

As clases teóricas serán os mércores pola tarde durante aproximadamente un mes. Os interesados en asistir a este curso de patrón de navegación básico deberán inscribirse e ampliar información na páxina www.castrelo.org.

Te puede interesar