emprego

Castrelo de Miño contratará un capataz e peóns contra incendios

Trátase dun total de cinco postos nos que se realizarán tarefas de prevención e defensa contra incendios forestais

 

O Concello de Castrelo de Miño convoca un concurso-oposición público para proceder á contratación de un capataz e catro peóns, con carácter laboral temporal, para unha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais. O tempo de contratación é de tres meses, e segundo o convenio de colaboración asinado coa Consellería de Medio Rural a brigada terá plena dispoñibilidade, incluíndo nela os traballos en domingo, festivos e festas locais, así como as quendas de noite necesarias. 

Todos os interesados en participar deberán inscribirse como máximo ata o 29 de xullo de 2019. As bases e instancias estarán dispoñibles na web municipal www.castrelo.gal e no  taboleiro do concello.

Te puede interesar