gastronomía

Castrelo promove o concurso “Tapeando con autóctonas"

Os clientes participarán nun sorteo cun boleto que facilitará cada establecemento no que escollerán o seu petisco favorito

Hoxe e mañá celébrase a segunda edición do concurso de tapas CastreloSabe baixo o título “Tapeando con autóctonas”, no que dous establecementos hostaleiros de Castrelo de Miño, a cafetería do Parque Náutico e o Bar Cuco, competirán por ofrecer a mellor tapa. 

En horario de 13,00 a 21,00 horas, quen desexe probar algunhas das apetitosas tapas que se poñerán á venda por dous euros poderá degustar no restaurante do Parque Náutico solombo de Tenreira Cachena envolto en crema de champiñóns e bacón en hoxaldre, e o sábado o Bar Cuco ofrecerá arepa rechea de lombo de Tenreira Cachena asada con pementos, bacón e salsa.

Os clientes participarán nun sorteo cun boleto que facilitará cada establecemento no que escollerán o seu petisco favorito. O día 30, último domingo de mes, durante a tradicional feira de Castrelo, sortearanse varios agasallos a catro gañadore: botellas de viño Ribeiro, un libro e unha noite romántica para dúas persoas, entre outros. 

Te puede interesar