Castrelo de Miño

Castrelo promóvese mediante un vídeo aéreo

O Concello de Castrelo de Miño publicou no 2011 a web www.memoriadecastrelo.org na que se poden visualizar máis de 700 fotografías antigas compartidas polos veciños do concello

O Concello de Castrelo de Miño publicou no 2011 a web www.memoriadecastrelo.org na que se poden visualizar máis de 700 fotografías antigas compartidas polos veciños do concello. No ano 2013 vía a luz www.castrelo.tv, un canal de youtube no que se comparten todos os videos relacionados co municipio, actuais e históricos.


Este canal ten recibido un total de 55.000 visitas e conta con 225 vídeos que suman un total de 150 horas de gravacións sobre Castrelo. Neste apartado, o vídeo que máis éxito está acadando e que máis está sendo compartido neste ano é Sobrevoando Castrelo de Miño, realizado entre agosto de 2014 e marzo de 2015.


É unha gravación aérea de todo o municipio, para promover o concello coa súa proxección en lugares específicos e para compartilo a través das redes sociais e das páxinas webs municipais. O alcalde, Xurxo Rodríguez, afirma que "vai ser un respaldo importantísimo para acompañar todas as presentacións que se fan en feiras e eventos turísticos e comerciais". Este vídeo dixital está realizado en alta definición con técnica cinematográfica, e fíxose cun dron octocóptero teledirixido equipado cunha cámara dixital de alta definición.

Te puede interesar