ANDAINA

Cenlle acollerá o día 21 a primeira andaina nocturna “Laias Zombie"

Os percorridos serán de 8 e 15 kilómetros, aínda que para a ruta máis longa a última saída será ás 22 horas

O Concello de Cenlle colabora coa empresa Rutea na organización da primeira andaina nocturna "Laias Zombie". O alcalde, Gabriel Alén, apunta que a institución local colabora "pola sua importancia no desenvolvemento turístico. Xa hai mais de 200 personas inscritas para unha andaina que se vai a desenvolver nunha noite de luna chea". 

A actividade está prevista para o próximo 21 de maio. Partirase do Balneario de Laias desde as 21,30 horas ata as 23,00 horas, cada 15 minutos. Os percorridos serán de 8 e 15 kilómetros, aínda que para a ruta máis longa a última saída será ás 22 horas. O prezo é de 6 euros, e inclúe avituallamento e chocolatada. Os participantes deberán levar chaleco reflector e lanterna, e o prazo para apuntarse remata o 18 de maio. 

Te puede interesar