O alcalde di que o 80% dos propietarios desbroza de forma voluntaria

Cenlle limpa as fincas co fin de previr os lumes

Maleza en torno a unhas casas do municipio de Cenlle. (Foto: MARCOS ATRIO)
O Concello de Cenlle executará nos próximos dous meses diversas obras de acondicionamento de pistas rurais gracias a convenios suscritos coa Conselleria de Medio Rural.
As actuacións serán en Trasariz , Esposende, Pazos Hermos, Pereiro e en Roucos. Ademais, o alcalde Gabriel Alén tamén destacou, dentro do plan de melloras para o medio rural, os convenios coa Deputación de Ourense e co Inem que permiten desenvolver a campaña de conservación e limpeza dos entornos dos pobos e espazos públicos, así como o plan de protección de núcleos contra incendios . Este último, segundo afirma Gabriel Alén, 'está a dar bos resultados cunha execución voluntaria da limpeza dos solares por parte dos propietarios no 80% dos expedientes abertos'.

As autoridades puxeron en marcha a campaña durante a pasada primaveira, advertindo da obriga que teñen os propietarios de limpar a maleza que ameaza ós pobos. Para lograr este obxectivo, o Concello actuou de oficio, sen que houbera denuncia previa.

Te puede interesar