O Centro de Saúde disporá dun módulo de atención para urxencias cardiacas

O Servizo Galego de Saúde construirá un novo Centro de Saúde en Ribadavia, unha vez foi adxudicada a redacción do proxecto básico ó arquitecto Jordi Castro Andrade por un importe total de 67.860 euros e un prazo de execución de dous meses e medio, según confirmou a Consellería de Sanidade.
O novo ambulatorio, que será ubicado no contorno do antigo Campo da Feira da vila ribadaviense, contará con novos espazos, entre eles unha sala de educación maternal; unha consulta máis de odontoloxía ata completar o número de dúas, a fin de ampliar o tempo de atención do hixienista dental, ademais dunha sala de técnicas para a realización de probas diagnósticas e outra polivalente e unha consulta adaptada ó programa da muller. Estas incorporacións seguen o esquema do Plan Funcional aprobado polo Sergas, ‘no que se recollen as necesidades asistenciais, traducidas a distribución e espazos’, apuntan fontes da Xunta.

Usuarios Por outra banda, o Centro de Saúde de Ribadavia disporá de novos despachos médicos, salas de xuntas e de observación e espera na área do PAC (Punto de Atención Continuada ou de urxencias), que pasará dunha a tres consultas. Asimesmo, crearase unha nova consulta de resucitación cardio-pulmonar ‘para a atención de urxencias vitais e que se completará cunha instalación centralizada de osíxeno’, indicarn as mismas fontes. O actual ambulatorio ribadaviense conta con catro médicos, dous pediatras, un farmacéutico, seis enfermeiras e unha auxiliar, catro administrativos, un odontólogo, unha matrona, un fisioterapeuta e un traballador social, ademais de catro celadores no PAC. O centro atende a un total de 17.912 usuarios de toda a comarca de O Ribeiro.

Te puede interesar