O colexio agrupado Amencer recolleu o premio de Pilabot

Unha representación do CRA Amencer recolleu o premio.
photo_camera Unha representación do CRA Amencer recolleu o premio.

Na categoría da taxa de recollida por alumno logra o galardón os tres anos da convocatoria

O Centro Rural Agrupado (CRA) Amencer de Ribadavia gañou as tres edicións de Pilabot celebradas ata o de agora. Para esta nova edición recolleu 62,80 quilos de pilas usadas por estudante, seguido do CEIP de Caión, da Laracha, cunha media de 49,36 quilos por alumno,

Onte recollía un dos catro premios otorgados pola Xunta por un importe total de 7.500 euros aos colexios gañadores do concurso escolar de recollida de pilas, baterías usadas e acumuladores que por terceira vez se convocou este curso en Galicia no marco da campaña Pilabot.

A directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, participou no acto oficial de entrega de premios, que congregou no Museo Pedagóxico de Galicia a profesores, alumnos e familiares dos catro centros que lograron as mellores cifras de recollida destes residuos durante as seis semanas de concurso.

Sagrario Pérez subliñou o compromiso e o esforzo demostrados polo alumnado participante para consolidar e mesmo superar as ratios de recollida acadadas nas dúas campañas anteriores, manténdose por riba das 50 toneladas (53,8 concretamente) e cunha media de 1,5 quilo por cada alumno participante.

Na categoría de pilas totais recollidas, os gañadores foron CPR Santiago Apóstol de Narón e o CEIP As Solanas, da Guarda.

Te puede interesar