A colleita de uva pode declararse no consello regulador

Un momento da sinatura do acordo, onte, en Santiago
photo_camera Un momento da sinatura do acordo, onte, en Santiago

Os máis de 10.000 viticultores das cinco denominacións de orixe (DO) do viño galegas beneficiaranse este ano da simplificación tecnolóxica impulsada pola Xunta para declarar a colleita de uva, que xa probaran de xeito piloto en 2021 os produtores de Rías Baixas. Así, o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, e o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, asinaron onte os respectivos convenios de colaboración cos presidentes dos consellos reguladores. 

Os asinantes do acordo puxeron de relevo as vantaxes da medida, que ademais da denominación de orixe Rías Baixas, beneficiará agora as de Ribeira Sacra, Ribeiro, Monterrei e Valdeorras. En concreto, as principais modificacións están orientadas a simplificar a declaración de colleita de uva dos viticultores galegos acollidos a denominacións de orixe, ofrecendo a vía electrónica e a intermediación dos consellos reguladores en lugar dos trámites nas oficinas agrarias comarcais. 

Deste xeito, estas declaracións poderán efectualas directamente ditos consellos reguladores ao Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), previa autorización dos viticultores implicados. Nestes casos as persoas viticultoras entregarán a súa autorización á bodega ou bodegas que empreguen a súa uva.

Te puede interesar