O Concello de Ribadavia tamén inclúe no programa unha mostra de carteis e unha conferencia

Os comercios reparten bolsas contra a violencia de xénero

Isabel Rodríguez, Marcos Blanco e Pilar Selas na presentación.
Con motivo do día internacional para a eliminación da violencia de xénero, o próximo 25 de novembro, o Concello de Ribadavia levará a cabo unha campaña de sensibilización coa axuda e colaboración de todolos establecementos comerciais da vila. 'Está na túa man' é a mensaxe imprimida nas bolsas de papel que distribuirán os comercios cos seus productos.
'Esta é unha campaña innovadora que terá gran calado a nivel local xa que, a través dos pequenos e medianos comercios, se achega á poboación unha mensaxe de respecto e igualdade entre sexos', argumenta o alcalde, Marcos Blanco. Deste xeito, poranse en circulación máis de 4.000 bolsas co referido lema.

Unha segunda actividade consiste na exposición de carteis nos comercios de Ribadavia de concursos realizados nos institutos do concello nos últimos anos e nos que participaron os alumnos.

Para o mesmo día, 25 de novembro, no salón de actos do Instituto, está prevista unha conferencia a cargo dunha garda civil especializada en temas de violencia de xénero e familiar, e dun técnico municipal dos Servizos Sociais do Concello,sobre a prevención da violencia de xénero.

Te puede interesar