O Concello tramitou un plan especial para 90.000 metros cadrados onde están as instalacións

Cortegada aproba legalizar o balneario tras sete anos

Avelino de Francisco presidiu onte a Xunta de Goberno Local. (Foto: LR)
A Fundación Balneario de Cortegada, tras múltiples xestións levadas a cabo durante os últimos sete anos, presentou no Concello os proxectos de legalización do novo balneario e das obras que se atopan sen rematar. A construcción fixérase sen a correspondente licencia municipal, polo que o Concello viuse obligado a desenvolver un plan especial para a sua legalización, que foi aprobado fai varios meses pola Administración autonómica.
Desta maneira, a Xunta de Goberno de Cortegada procedía onte a aprobar os referidos proxectos, o que permitirá finalmente a apertura e funcionamento das instalacións termais.

'Esto enche de satisfacción aos membros da Fundación porque a partires deste intre, comenza unha nova etapa para tódolos cidadáns do municipio', indicou Avelino de Francisco, alcalde de Cortegada e membro da fundación. Nese senso, indicou que está próximo o obxectivo perseguido, 'que é básicamente a dinamización do termalismo, no que durante tantos anos fomos punteiros en Galicia'.

O Concello deberá agora dar conta á Dirección Xeral de Turismo do acordo acadado na Xunta de Goberno Local.

O plan especial, que recibiu o visto bo previamente da Administración autonómica, abarca unha superficie de 90.000 metros cadrados na que está ubicado o novo balneario e tamén o vello, que aínda funciona. A nova calificación urbanística permite a creación de un gran parque termal, no que únicamente se poderán construir instalacións que de algún xeito teñan que ver co termalismo.

Co novo balneario xa legalizado, só resta executar pequenas obras no seu interior, xa con vistas a súa adxudicación a unha empresa coa que xa conta a Fundación Balneario de Cortegada.

Entre os proxectos futuros para desenvolver neste parque figura a creación dun hotel, como complemento da oferta termal, e incluso outras instalacións como unhas piscinas, ademais do acondicionamento de todo o entorno.

Te puede interesar