Cortegada asume 930 metros da estrada de Ourense

n n O Consello da Xunta aprobou o cambio de titularidade dun tramo da estrada OU-402, a prol do Concello de Cortegada. A solicitude do cambio de titularidade, realizada polo concello, inclúe o treito entre os puntos quilométricos 41+910 e 42+840 e alcanza unha lonxitude de 930 metros.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas considerou axeitado o cambio de titularidade tendo en conta que o treito transferido adquire características plenamente urbanas ao poñerse en servizo a estrada autonómica da OU-801 (Ribadavia?Ponte Barxas), polo que o resto servirá á Administración local para mellorar os servizos que presta aos cidadáns.

Con esta aprobación o Concello de Cortegada deberá asumir todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación do trazado a partir da formalización de entrega, que será no prazo dos dous meses seguintes á publicación no Diario Oficial de Galicia.

Os cambios de titularidade das estradas están regulados na Lei de estradas de Galicia. De acordo con esta normativa, os cambios dos nomes e titularidade das vías deben ser aprobados por un decreto de Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas, e é a Axencia Galega de Infraestruturas a encargada de avaliar cada cambio neste sentido.

Te puede interesar