FORMACIÓN

Cortegada ofrece clases de natación e de reforzo escolar

Cortegada abriu onte a piscina municipal, que funciona en horario de 12,00 a 21,00 horas, ofrecendo clases de natación a nenos de 4 a 10 anos.

Cortegada abriu onte a piscina municipal, que funciona en horario de 12,00 a 21,00 horas, ofrecendo clases de natación a nenos de 4 a 10 anos. Tamén como medida de fomento da conciliación da vida laboral e familiar, o Concello dispón dun espazo lúdico, para nenos entre 3 e 12 anos, tódolos días, de 10,00 a 13,00 horas. 

Outra das accións organizadas para a época estival son as clases de reforzo para alumnos da ESO e Bacharelato, completando así a oferta educativa.

Te puede interesar