ribadavia

Curso da UNED sobre o Camiño Xacobeo Miñoto

O venres día 6 abrirase o programa con dúas conferencias

O centro asociado da UNED en Ourense, coa colaboración da asociación Camiño Xacobeo Miñoto do Ribeiro organizan os días 6 e 7 de outubro, no Museo Etnolóxico de Ribadavia, un curso sobre esta vía histórica de peregrinación a Santiago de Compostela.

O venres día 6 abrirase o programa con dúas conferencias. A primeira correrá a cargo de Miguel Bandeira, doutor en Xeografía en Portugal, sobre "Os camiños, o territorio e a paisaxe", mentres que o historiadir Xabier Limia de Gardón falará das "Pegadas xacobeas na arte ourensá cara Compostela por Lobios". A continuación, abrirase unha mesa redonda centrada en el tema "Pasado, presente e futuro do Camiño Xacobeo Miñoto do Ribeiro".

Na xornada do sábado, os participantes percorrerán un dos tramos da ruta xacobea que atravesa a comarca do Ribeiro entre os municipios de Cortegada e Leiro, acompañados por guías da asociación organizadora. O colectivo está a traballar dende hai 10 anos pola revitalización deste camiño ribeirán dende unha vertente multidisciplinar, a fin de que poida acadar a súa oficialidade no Ano Santo de 2021.

Te puede interesar