Curso de formación preventiva para o sector mineiro

Trinta traballadores de plantas e oficinas do sector mineiro de Ourense participan desde onte no curso de formación preventiva organizado pola Cámara Oficial Mineira de Galicia e financiado polo Ministerio de Industria, Energía y Turismo.
A acción formativa desenvólvese no Balneario de Arnoia e terá continuidade na vindeira semana durante a que se impartirán novas sesións. Este mesmo curso desenvolverase en abril no concello de Verín e tamén noutras provincias.

Te puede interesar