CxG rexeita a apertura de explotacións mineiras

Compromiso por Galicia (CxG) oponse ás novas explotacións mineiras que tramita nestes intres a Xunta para o seu funcionamiento en varios concellos da provincia. Os galeguistas consideran que implicarían 'un altísimo impacto ambiental, non xeneran ningún valor engadido nin riqueza na zona e ademáis contan co rexeitamento unánime do veciños, sendo por iso que lle esiximos á Xunta que non conceda os permisos de explotación, a non ser que queira convertir parte da provincia de Ourense, nunha gran mina a ceo aberto'.
Desde CxG apuntan que algúns destes proxectos pretenden levarse a cabo en zonas de alto valor agrario, como é o caso da extracción de feldespato en Xinzo de Limia, que se ubicaría nunha das zonas de máis producción de pataca, ou a canteira de granito para que se ten solicitado permiso en Castrelo de Miño, nunha zona de producción de viño de calidade', referindose tamén a outros concellos afectados como Cartelle e Ramirás.

O coordinador en Ourense de Compromiso por Galicia, Pérez Bouza, pídelle ó alcalde de Xinzo de Limia e as alcaldesas de Ramirás e de Cartelle, que 'se poñan ó lado dos veciños e que utilicen todolo seu poder político para conseguir que a Xunta non lle conceda ás empresas os permisos'.

Te puede interesar