MUSICA

O Ribeiro promociona os seus viños coa música

A Denominación presenta canción de Nadal e certame de panxoliñas

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro presentou onte a súa canción de Nadal da man do cantante cordobés Nacho Lozano. O evento tivo lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense e estivo presentado polo comunicador radiofónico Vidal López.

Tamén, con motivo destas festas, o O C.R.D.O. Ribeiro convoca un concurso de panxoliñas dirixido tanto a profesionais como amateurs. O concurso ten dúas modalidades, por un lado infantil e xuvenil (ata 18 anos) e por outro para adultos.
No certame pódese participar de forma individual, en dúo ou grupos de máximo 30 compoñentes. Terán que versionar ou compoñer unha canción de Nadal incluíndo a frase “Ribeiro é o mellor” en algún fragmento no seu libre estilo e idioma.

As inscricións realizaranse durante todo o mes de decembro, pechándose o prazo o último día do ano, ás 23,59 horas. Para participar deberán enviar a canción en arquivo de vídeo ou audio á dirección de correo electrónico [email protected]. Os gañadores, que se anunciarán o 6 de xaneiro de 2016 elixidos por un xurado composto por profesionais da industria musical, obterán na categoría infantil e xuvenil unha xornada no Ribeiro, incluíndo un paseo en catamarán, e de segundo premio, un día coñecendo o Ribeiro con xogos e actividades. Na categoría de adultos, o primeiro premio consiste nun fin de semana no Ribeiro e invitación para actuar no III Festival “Ribeiro Son de Viño” de O Grove, e de segundo, un fin de semana no Ribeiro e lote de viños.

Te puede interesar