'Delicadas' foi premiada polos espectadores da Mostra de Teatro

O Premio do Público da XXVIII Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia foi concedido á obra 'Delicadas', do dramaturgo contemporáneo e director Alfredo Sanzol, e que foi representada pola compañía T de Teatre, de Cataluña. A valoración dos espectáculos, entre cero e cinco puntos, foi moi equilibrada nesta edición, pois todos os espectáculos tiveron unha media de arredor de catro puntos, agás a montaxe gañadora, que se impuxo con 4,72 puntos. A compañía catalana ten, deste xeito unha invitación formal da organización da Mostra para formar parte do programa da edición correspondente ó ano 2013.
Por outra banda, os responsables da MIT rexistraron a asistencia de máis de 10.200 espectadores ós distintos lugares de representación do festival durante os nove días de festival, 'o que significa unha media de máis de 1.000 espectadores e unha media de ocupación superior ao 90%', según indicou o seu director, Roberto Pascual.

Te puede interesar