VENDIMIA

A Denominación de Orixe presenta as normas para a vendima

Foron aprobadas no pleno celebrado o pasado 11 de agosto 

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro presentou o pasado xoves ás súas adegas as normas específicas para a vendima 2017, que foron aprobadas no pleno do pasado 11 de agosto, nunha reunión á que asistiron os representantes de preto de 50 empresas vitivinícolas. 

Actualmente, o Consello Regulador atópase inmerso no proceso de implementación do seu sistema de calidade segundo a norma UNE-EN-ISO-17065, un dos obxectivos fixados polo seu presidente, Juan Manuel Casares. Este sistema ten como alicerce fundamental o autocontrol e a autorresponsabilidade de cada unha das adegas e colleiteiros . A finalidade deste proceso é acadar a acreditación do sistema de calidade por parte da Entidad Nacional de Acreditación (ENAC), que se espera lograr ao longo do ano 2018. 

Te puede interesar