Dezaseis adegas presentaron o seus viños do Ribeiro en Madrid

Representantes e técnicos da Denominación de Orixe Ribeiro presentaron onte en Madrid unha escola de ‘novos viños’ dun total de 16 adegas amparadas. Un dos obxectivos desta mostra foi ‘desenmascarar’ as imitacións.
O hotel Occidental Miguel Ángel de Madrid acolleu onte a presentación de viños da Denominación de Orixe Ribeiro dun total de 16 adegas. Os responsables do organismo vitivinícola definen estes caldos como ‘novos ribeiros’, é decir, ‘que na súa elaboración estanse a utilizar as variedades autóctonas brancas de treixadura, torrontés, godello, lado e albariño, recuperadas para ofrecer un novo perfil vinícola e deste xeito desenmascarar as imitacións’.
Engaden que ‘nas características específicas destes viños dominan tonos frutais de mazá, de heno recén cortado, toques herbáceos finos como herbaboa e tonos florais, nalgúns casos balsámicos’. En canto ó paladar, apuntan ‘a súa viveza, e un gran equilibrio entre unha fina acidez que lles da moita frescura, e un final largo e sabroso’.

Te puede interesar